Do 29 de xuño ao 1 de xullo ten lugar en Ribadeo a XI Concentración Moteira que organiza o MotoClub Al Corte.

O Motoclub Al Corte organiza este fin de semana a XI edición da concentración moteira que terá lugar en Ribadeo.

O programa de actividades dá comezo na tarde do venres, 29 de xuño, ás 18:00 horas coa apertura de inscricións e caña de benvida, e ás 22:30 horas haberá unha churrascada na zona de concentración e festa con DJ.

O sábado, 30 de xuño, entre 9:00 e 10:30 horas será o almorzo en cafeterías, e ás 10:30 a apertura de inscricións. Ás 11:00 horas  dará comezo unha ruta de montaña con pincheo, e ás 14:30 horas haberá unha gran pinchada na carpa da concentración. Pola tarde, ás 17:30 horas celebraranse xogos moteiros na zona de concentración, ás 21:30 horas terá lugar a cea moteira no Restaurante A Dorada, ás 0:00 horas comezará o desfile de antorchas polas rúas de Ribadeo, e ás 0:30 horas a festa con DJ na zona da concentración.

E o domingo, 1 de xullo, despois do almorzo, haberá unha ruta pola costa con pincheo, ás 13:00 horas terá lugar a entrega de premios, e ás 14:00 horas celebrarase a comida moteira de despedida no Restaurante A Dorada.

Colaboran na organización deste evento o Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo.