Do 4 ao 29 de xullo poderá visitarse no Cenima, en Foz, a exposición "Auga. O sangue da terra", do fotógrafo galego Manuel Valcárcel.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, asinou un convenio con Afundación, a obra social de Abanca, para expoñer no CENIMA unha mostra de obras do fotógrafo galego Manuel Valcárcel. Titúlase Auga. O sangue da terra e estará aberta ao público na vila focense do 4 ao 29 de xullo.

No acto para a firma do convenio, celebrado na Casa do Concello focense, estiveron a coordinadora da Área de Relacións Institucionais de Afundación, María Verónica Rego López; e o coordinador institucional de Abanca para Lugo e Ourense, Alberto López Sánchez.