Do 7 ao 9 de novembro terá lugar en Foz a IV Festa da Palabra, que organiza a asociación cultural A Pomba do Arco.

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da Festa da Palabra que se celebrará no Cenima, de Foz, entre o 7 e 9 de novembro. Desde a organización explican que “a consecuencia de imprevistos de ultima vémonos na obriga de cambiar o programa”, quedando como se anuncia a continuación:

Lois Pérez. Mércores, 7 de novembro, ás 20:30 no Cenima.

Os soños na gaiola. Grupo de teatro da Pomba do Arco.  Xoves, día 8, ás 20:30 no Cenima.

Olga Novo e Ismael Ramos. Venres, 9 de novembro, ás 20:30 no Cenima.