Do 7 de xullo ao 4 de agosto terán lugar as actividades do programa "Ocio alternativo", que organiza o Concello de Xove.

O mesmo foi presentado este mediodía polo alcalde, Demetrio Salgueiro, e as concelleiras de Xuventude e Deporte  e Servizos Sociais, Cristina Iglesias e  Ana Abad, respectivamente.

Trátase na súa maioría de actividades deportivas. É un programa moi amplo, que van a complementar outro programa “Verán Xove2018”, que xa está en marcha.

As actividades que se van desenvolver en OCIO ALTERNATIVO, son:

- FÚTBOL-SALA 3x3: 10, 11 e 12 de xullo, a partir das 22:00 no pavillón de deportes.
- BALONCESTO: 17 de xullo, a partir das 22:00 no pavillón de deportes.
- NOITE DA ORIENTACIÓN: 18 de xullo a partir das 22:00, na praza do Concello.
- RUTA NOCTURNA EN KAIAKS: 19 de xullo a partir das 22:00, Portiño de Morás
- FÚTBOL-PRAIA 3X3: 23, 24, 26 DE XULLO,  a partir das 16:30, na praia de Lago.
- VOLEI PRAIA: 31 de xullo, 1 e 2 de agosto, a partir das 16:30, na praia de Lago.
- BOLOS: 7 e 8 de Xullo, día 7 federados, día 8 non federados, a partir das 22:00, Centro Social de Vilachá. Haberá chocolatada gratuita para todos os participantes. Organiza: Asociación de Festexos a Medorra
- PASEO TURÍSTICO EN BICIS ELÉCTRICAS: 21 de xullo e 4 de agosto en horario de mañá. Inscrición previa na Oficina de Turismo.
 
Poderán participar no mesmo persoas con idades a partir de 8 anos (categorías: infantís e adultos) Inscrición haberá que facela no lugar de realización da actividade media hora antes do comezo da mesma (agás Paseo Turístico en bicis eléctricas). A inscrición é totalmente libre e gratuita.  Para máis información, haberá que chamar ao tfno:  636504155.
 
A Organización corre a cargo do Concello de Xove, a través das Concellerías de Xuventude e Deporte, e tamén da empresa  IG 10 e a  Asociación de Festexos a Medorra de Portocelo; esta última vaise encargar dos tradicionais xogos de bolos.