Doce locais participan nos Xoves de Tapeo, que organiza o CCH de Viveiro. Haberá sorteos de vales de compra.

Desde o CCH de Viveiro sinalan: “xa estamos de volta co Juepeo, os Xoves en Viveiro Tapeo. Este 6 de outubro arrinca unha nova edición desta campaña, trala parada nos meses de verán”.

Serán 12 os participantes desta nova edición, Restaurante O Muro, Vinoteca Los Leones, El Tigre, Restaurante Casa Pepi, Mesón O Recuncho, O Rincón do Tronco, Asador La Quinta, Gastrobar Hotel Urban, Atlántico Gastrobar, Mesón A Ría, Pulpería O Panadeiro e Heladería Puerta Real que son os que poñen a nota dulce nestes Juepeos. 

Ofrecerán tódolos xoves unha tapa ó prezo de 2,50€. Esta xa é a oitava edición que se pon en marcha, unha iniciativa que foi moi ben acollida polo público e que pouco a pouco foi medrando e asentándose como a alternativa de ocio para os xoves. O obxectivo desta campaña é dinamizar os negocios de hostalaría do Centro urbano de Viveiro, que esta edición amplía zona de participantes chegando ata Verxeles onde se une como novo negocio participante Pulperia O Panadeiro. 

Ás portas da fin de semana que mellor que ofrecerlle ós clientes unhas boas e variadas tapas a un prezo moi asequible. Só hai que darse unha volta un xoves de tapeo por Viveiro para ver o ambiente que se crea en torno ó Juepeo. 

Seguiranse sorteando entre os clientes 200€ en vales de compra a consumir nos locaiss participantes, repartidos nun premio de 100€ e dous de 50€. A forma de participar é moi sinxela, con cada tapa entregase ó cliente una tarxeta para que vote que lle pareceu a tapa, cubre os seus datos e deposítaos nas urnas que haberá habilitadas en cada local. Por cada tapa que proben, unha posibilidade de gañar. 

Para este primeiro xoves de tapeo arrancamos con: 
Restaurante O Muro.- Mejillón gallego en escabeche casero 
Vinoteca Los Leones.- Fajita de pollo 
El Tigre.- Pizza Peperoni 
Restaurante Casa Pepi.- Solomillo con migas 
Mesón O Recuncho.-Tosta de raxo y cebolla caramelizada 
O Rincon do Tronco.- Huevo con chorizo 
Asador La Quinta.- Crep relleno de merluza y grelos sobre salsa de marisco 
Gastrobar Hotel Urban.- Mini pig roll
 Atlántico Gastrobar.- Codillo en salsa 
Mesón A Ria.- Zamburiñas 
Pulpería O Panadeiro.- Cordero asado con patatas y guarnición 
Heladería Puerta Real.- Creps con sirope de caramelo y filipinos.