Dous arqueólogos ofrecerán unha conferencia sobre a Basílica de San Martiño o 28 de setembro. Será no seu centro de interpretación.

Os arqueólogos Luis Cordeiro Maañón e Celso Rodríguez Cao ofrecerán unha conferencia titulada Novas aportacións para o estudo da necrópole medieval da Basílica de San Martiño. Será no salón de actos do centro de interpretación da propia basílica este venres, día 28, ás 19:00 horas.

Este acto está incluído na programación cultural do Concello de Foz.