Elefante Elegante chega o 29 de outubro a Viveiro con "Cubo", unha cita teatral infantil destinada a nenas e nenos a partir de 4 anos.

A duración de “Cubo”, que terá lugar no Teatro Pastor Díaz, ten unha duración de 45 minutos. Será o vindeiro sábado, 29 de outubro, a partir das 19:00 horas. 

En escena, un cubo de 2 metros de lado onde habitan dous personaxes interpretados por María Torres e Gonçalo Guerreiro. Xogan, cantan, rin, pelexan e berran. Un día decátanse de que queren ir máis lonxe e descubrir o mundo enteiro. Sempre estiveron de acordo ata hoxe, mais no momento de elixir o seu destino non son quen de chegar a un consenso. Un quere viaxar cara un lado en busca de preguntas e o outro quere buscar respostas na dirección oposta. Que solución atoparán? Norte, Sur, Este ou Oeste? Xuntos ou separados?

“Apetece caer pra riba ata un lugar descoñecido sen precisarmos de mapas para subir montañas, nin indicacións para abrir e pechar portas de castelos imaxinarios! Como xogar a un novo xogo... e saltar á primeira paisaxe!”