En Barreiros haberá Seráns de Cine os venres desde o 22 de novembro ata o 13 de decembro. A cita está organizada por Ollomao.

O colectivo Ollomao de Barreiros organiza o ciclo Seráns de Cine que se celebrará dos días 22 de novembro ao 13 de decembro. As proxeccións terán lugar ás 21:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Hoxe, 22 de novembro, ofrecerase a película A língua das bolboretas de J.L. Cuerda.

O día 29 de novembro proxectarase Doentes de Gustavo Balza.

O 6 de decembro pasarase a cinta Sempre Xonxa de Chano Piñeiro.

E o día 13 de decembro poderá verse Trote de Xacio Baño.

Ademais das proxeccións das películas haberá unha pequena presentación das mesmas por parte da organización e un posterior debate.

Colaboran na organización desta actividade: Concello de Barreiros e Deputación de Lugo.