En Burela o 15 de setembro haberá exhibición de zumba e o 16 cine infantil na praza da Mariña.

Burela continúa coa súa programación cultural deste mes de setembro con varias actividades que se desenvolverán esta fin de semana. Mañá, sábado, haberá unha exhibición de zumba e o domingo celebrarase unha nova sesión de cine infantil.

Este sábado, 15 de setembro, será a exhibición de zumba co instrutor Marco Uría. Dará comezo ás 20:30 horas e terá lugar na praza da Mariña.

E o domingo volverán as sesións do ciclo de cine infantil. Será no auditorio municipal ás 18:30 horas e con entrada de balde.