En Foz celébrase do 22 ao 24 de xullo unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA.

Os días 22, 23 e 24 de xullo terá lugar unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. 

Os establecementos que participarán nesta cita ofrecerán descontos especiais durante esas xornadas en diferentes artigos como moda, calzado, libros ou xoguetes, entre outros. 

Os locais que sacarán os seus comercios á rúa son: 5 Lobiños, Arrullos, Buxo Xogos, Calzados Pirde, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Isla, La Flor Abulense-2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela Moda, Lourdes Moda Intima, María Docampo Moda, MC Automotive, N1 Zapatillas, Ofifoz, Saborea Mondoñedo, Sensación Surf,  Sueños, Unique-2, Vas´s, Vas´s Outlet, Xanela e Xoguetería Bahía.

Se as condicións meteorolóxicas son adversas os comercios ofrecerán descontos no interior dos locais.

AciaFozCCA conta coa colaboración nesta campaña do Concello de Foz, de ImpulsaFoz e da Xunta de Galicia.