En Foz do 12 ao 14 de outubro terá lugar a October Fest, que organiza AciaFozCCA

Do 12 ao 14 de outubro celebrarase en Foz a October Fest, que organiza AciaFozCCA. 
Na cita participarán sete locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Dandy Restaurante, Marexada, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa vai ser a protagonista desas tres xornadas de festa que temos por diante. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas posibilidades desde as clásicas ata as artesás e de autor”.

Paleo subliñou que “o obxectivo é dinamizar esta ponte festiva na que a Foz e á comarca da Mariña se achegará moita xente aproveitando o inicio do outono e o bo tempo que seguimos a ter”.

O presidente de AciaFozCCA lembrou que “a nosa asociación participa na campaña do Bono Activa Comercio da Xunta, que xa poderá empregar nesta ponte de outubro para as compras que se realicen no comercio da nosa vila. Este é outro aliciente máis para achegarse a Foz do 12 ao 14 deste mes”. 

O October Fest está organizada por AciaFozCCA, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.