En Foz terá lugar o 29 de xuño unha charla titulada "Somos mulleres, non mercadoría". Organiza: Observatoria da Mariña pola Igualdade.

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza unha conferencia en Foz este venres, 29 de xuño.

A charla, titulada Somos mulleres, non mercadoría, terá lugar no Hotel Isla Nova ás 20:30 horas.

Esta conferencia correrá a cargo da filósofa feminista Ana de Miguel. Foi profesora titular na Universidade da Coruña, e en 2015 publicou o ensaio Neoliberalismo sexual: el mito de la libre elección, cuxo contido será parte central do seu relatorio.

Este acto enmárcase dentro do ciclo Activismos fronte ao patriarcado. Debates feministas na Mariña que continuará despois do verán.