En Ribadeo o 13 de decembro haberá unha táboa redonda sobre o acoso escolar. Será as oito da tarde na Casa do Mar.

A concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán Vizoso, e o Programa de Prevención de Drogodependencias e outros trastornos aditivos, están a organizar unha táboa redonda sobre o acoso escolar, na que participarán relatores e relatoras expertos no tema. 

Segundo explica a responsable do programa Mónica Fernández Lamparte “esta actividade celebrarase o mércores, 13 de decembro, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Mar e vai dirixido especialmente a familias (todo o alumnado ribadense recibirá unha carta para entregar na casa) e tamén a calquera persoa interesada. A entrada é de balde”.

Nesa carta enviada ao alumnado ribadense sublíñase que “o acoso escolar ou bullying é un problema global que afecta a todos os países, e que se  da principalmente entre os 12 e os 16 anos. Esta situación  estase agravando nos últimos anos debido tamén ao maior acceso á tecnoloxía por parte dos  menores, o que está propiciando unha nova modalidade de acoso, denominada ciberbullying ou ciberacoso, onde existe un maior sentimento de impunidade por parte do agresor/a”. E engaden nesa comunicación que “varias persoas coñecedoras do tema nos explicarán cómo detectalo e cómo afrontalo, ademais de falar sobre todas as partes implicadas nun proceso deste tipo: acosado-a, acosador-a, observadores, familias, a escola…”.

Os relatores e relatoras que participarán na táboa redonda en Ribadeo serán:
-Octavio Susacasa. Mestre e Psicopedadogo. Asociación Aseduc.
-Olga Alvite. Pedagoga. Coordinadora Delegación Lugo Fundación Meniños.
-Fernando Villar e Ramón Peña, formadores da Garda Civil. Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos.