"¡Es Navidad! El Musical" chegará a Burela o 28 de decembro. As entradas están xa á venda.

¡Es Navidad! El Musical chegará a Burela o día 28 de decembro. A representación terá lugar na Casa da Cultura ás 19:00 horas.

A obra chega da man da Compañía de Teatro Musical de España e Pekebaila Kids, creadores do musical de Coco Recuérdame. As entradas están xa á venda en https://bit.ly/3nnatr4.

Trátase dunha nova e divertida versión do Nadal dirixida a nenos e nenas ata 8 anos con todos os bonecos de Pekebaila e convidados como Arendelle, Olaf, Elsa, Anna, Maléfica, Papá Noel, Grinch, o Ratonciño Pérez e Pinocho na que se interpretan cancións populares de Nadal e outras cancións de musicais e películas.