A Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo celebra un magosto este xoves, 16 de novembro

A Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo celebrará un magosto este xoves, 16 de novembro, ás 18:00 horas. Será diante das instalacións do centro educativo.

Haberá castañas asadas e actuación de música tradicional a cargo da asociación ribadense Amigos da Gaita Galega.