A escritora Luisa Castro falará o 4 de abril en Foz da súa última novela "Sangre de horchata". Será na Libraría Bahía.

O próximo martes, 4 de abril, ás 20:30 horas estará na Libraría Bahía a autora focega Luisa Castro “coa que falaremos da súa última novela Sangre de horchata, que ven de publicar a editorial Alfaguara e do seu poemario Un amor antigo editado por Galaxia a finais do ano pasado”.

Luisa Castro é unha autora fundamental na literatura galega, que iniciou un cambio na poesía dos anos 80 sendo precursora da renovación da poesía galega do momento. Como novelista escribiu sempre en castelán e conta con varios premios do panorama literario español como o premio Azorín ou o finalista do importante premio Herralde. En poesía tamén acadou o premio Hiperión.

Estes últimos anos visitou a poesía en castelán, pero levaba moito tempo sen escribir poesía en galego e sen escribir narrativa,  polo que estas dúas obras que sairon ao mercado con pouco tempo de diferenza están a crear grande expectación entre as lectoras e lectoras que a seguimos.