A FCAM organiza unha xornada informativa para animar a emprender. A cita será no Cenima, en Foz, o 5 de marzo.

A Federación de Comercio de A Mariña (FCAM) organiza unha xornada informativa destinada a empresas e emprendedores. 

Esta actividade terá lugar o 5 de marzo no Cenima de Foz a partir das 12 do mediodía. A entrada é libre. Baixo o título de Emprende, os conferenciantes facilitarán información sobre subvencións e axudas a empresas e emprendedores desde distintos organismos públicos e asociacións colaboradoras, entre outros asuntos. O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, explica que “o obxectivo é animar a emprender e que a xente se anime aos traspasos de negocios. Tamén se falará do mercado do aluguer e das axudas e subvencións para emprendedores”. 

Na xornada participarán representantes da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo, do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal, do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda, de Afigal,  de 3A Consultores e da propia FCAM (Federación de Comercio A Mariña).