A Festa da Palabra, que organiza a asociación cultural A Pomba do Arco, celebrarase do 26 ao 28 de novembro en Foz.

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da Festa da Palabra que se celebrará no Cenima de Foz entre o 26 e o 28 de novembro coa participación de catro significados poetas do panorama literario galego.

O programa desta edición é o que sigue:
Eduardo Estevez e Tamara Andrés. Martes 26 ás 20:30 no Cenima de Foz.
Estibaliz Espinosa.Mércores 27 ás 20:30 no Cenima de Foz.
Manuel Darriba. Xoves 28 ás 20:30 no Cenima de Foz.