
O Vicedo celebrará as festas na honra á Nosa Señora do Carme desde o sábado 20 de xuño ata o luns 22.
As actividades comezarán o sábado ás 12 horas con misa solemne na igrexa parroquial e a continuación haberá procesión coa imaxe da Virxe do Carme acompañada pola Banda Naval de Viveiro e desde as 14 horas, sesión vermú a cargo da orquestra Fuego, que tamén amenizará a verbena xunto ao dúo D'Vicio.
O domingo ás 12 horas celebrarase misa solemne no campo da festa, a continuación haberá procesión marítima con ofrenda floral polos náufragos e mariñeiros defuntos. Ás 14 horas comezarán unha sesión vermú a cargo do dúo Maracuyá, que tamén actuará na verbena coa orquestra Los Satélites.
E o luns ás 20 horas farase o traslado da Virxe do Carme ata a igrexa parroquial e despois funeral por mariñeiros, mariscadoras e defuntos da parroquia.


