As fotos gañadoras do concurso "Alfoz en primavera" formarán parte dunha mostra prevista para novembro no Castelo de Castro de Ouro.

Os premiados nesta nova edición do II Concurso de Fotografía "Alfoz en primavera" son:

1º premio, dotado de 300,00€ e diploma: 
Adrián Díaz Rivas (A Coruña) con "O Escouridal desde o aire"
2º premio, dotado de 200,00€ e diploma:
Verónica Rey Nieto (Villalba) con "A ras do chan"
3º premio, dotado de 150,00€ e diploma:
Verónica Rey Nieto (Villalba) con " Galea, desde a outra beira do río".

O Concello de Alfoz quere agradecer a gran participación neste certame, cuxas fotografías serán publicadas proximamente nas RRSS e web municipal e ademais formarán parte da Exposición de Fotografía "Alfoz en primavera" prevista para inicios de novembro no Castelo de Castro de Ouro.
Este concurso forma parte da promoción turística do Concello de Alfoz e está subvencionado polo Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.