Foz acollerá do 22 ao 24 de setembro un torneo internacional de tenis infantil. Está organizado polo club local e colabora o Concello.

As pistas de Marzán acollerán un torneo internacional de tenis infantil desde mañá, venres, ata este domingo, día 24. Neste evento deportivo, que está organizado polo Club de Tenis de Foz, colabora o Concello focense e o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, participou na súa presentación xunto aos membros do club Roberto Paradela e Ramón Cajoto.

Desde mañá, venres, a partires das 17:30 horas loitarán pola vitoria os oito mellores infantís do noroeste peninsular, concretamente os dous mellores xogadores de Asturias, de Cantabria, de Portugal e de Galicia, entre eles o focense Dani García. O sábado a partir das 10 da mañá xogaranse os partidos de segunda e terceira rolda, quedando para a tarde, dende as 17:00 horas, as semifinais. O domingo a partir das 11 da mañá terán lugar as finais.