Guía tu día organiza unha visita guiada por Ribadeo este domingo, 4 de febreiro

Este domingo, 4 de febreiro, a guía mariñá Ana Pena (Guía tu día) organiza unha visita guiada no concello de Ribadeo. 

“Comezaremos ás 10:30 horas visitando o barrio indiano e admirando a súa arquitectura. Continuaremos polo casco histórico que nos levará a coñecer a gran importancia comercial desta vila e os seus personaxes ilustres. Ademais percorreremos a senda litoral que conecta varios miradoiros e lugares de interese co afamado faro de Illa Pancha”, explica Ana Pena.

Desde Guía tu día engaden que “se trata dunha ruta moi completa de 4km (ida) e apta para todos os públicos, incluídas mascotas. A duración será de 3 horas e media aproximadamente. O custo da actividade é de 10 euros/persoa, 7 euros para os menores de 18 anos e gratuíta ata os 8 anos. 

As persoas que desexen anotarse ou recibir máis información poden facelo a través do 654 99 68 57 (reserva previa necesaria).