José Ángel Rodríguez Méndez pregonará a Semana Santa de Viveiro este sábado, 28 de marzo

Este sábado, día 28 de marzo, Viveiro dará a benvida oficialmente a súa Semana Santa co pregón a cargo de José Ángel Rodríguez Méndez. Será no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas.

Este acto, incluído no programa de difusión cultural e relixiosa ADRAL, será presentado por Juan Manuel Basoa Rodríguez, e pecharao a soprano Patricia Rico acompañada por Javier Ares ao piano.

“O preludio perfecto para os nosos días grandes”, anuncia o Concello de Viveiro.