Lucía Aldao e María Lado presentan o 23 de abril en Foz a "Espístola de Aldaolao ás neofalantes".

O dúo artístico Aldoalado, formado por Lucía Aldao e María Lado, presentan este venres, día 23, en Foz a Epístola de Aldaolado ás neofalantes. Será ás 20:00 horas na Sala Bahía.

O prezo das entradas é de 5 euros e hai que reservalas previamente chamando ao teléfono 982.140.027 extensión 3.

O dúo artístico Aldaolado está composto por Lucía Aldao e María Lado, dúas poetas galegas de consolidada carreira, que no ano 2005 decidiron unir os seus nomes e os seus esforzos creativos para dar lugar a esta proposta. Aldaolado é un proxecto artístico orientado á poesía escénica, co que conseguiron facer do recital un acto atractivo, próximo e divertido para todo tipo de público, mesmo para aquel que nunca leu poesía. A súa espontaneidade e complicidade en directo é a base sobre a que crearon case unha ducia de espectáculos.

Nesta representación válense da retranca que as caracteriza para poñer sobre a mesa unha reflexión sobre a situación actual da lingua galega e o seu futuro.

Esta actividade está incluída na programación cultural de primavera organizada polo Concello de Foz.