Lugar das Marías, en Xove, comeza a cuarta temporada desde que abriu as súas portas en 2020.

Con novas propostas e o bo facer de sempre, Lugar das Marías*** abre a temporada 2023 co obxectivo de seguir ofrecendo experiencias únicas na aldea da Rigueira-Xove.

Ás propostas de sempre arredor do aloxamento nos cuartos de Maruja Mallo, María Casares, Maruxa e Coralia, María Miramontes e Avoa Presenta e da variada carta de almorzos e brunch, sumaranse tamén novas experiencias efémeras, contos na leira, exposicións e concertos así como o showroom de Vacaloura e Xurela.

A fin de semana do 22 e 23 de abril dará comezo o programa Experiencias efémeras coa proposta Cerámica na aldea, un proxecto enmarcado dentro do Plan de Sostibilidade Turística que xestiona a ára de Turismo da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense. Esta experiencia slow que consisitirá no desenvolvemento dun obradoiro de cerámica con Iria Pigueiras, con merenda de benvida, cea, aloxamento e almorzo, xa pode resevarse a través da web turismoslow.gal.

Do mesmo xeito, a partir do mes de maio programaranse máis actividades como un obradoiro de fotografía feminista, un obradoiro de cestería, unha sesión de ioga para familias diversas, exposicións artísticas, presentacións de libros, concertos e outras propostas que vaian xurdindo nese hábitat rural que é o Lugar das Marías. 

O café-xardín xa acolle eventos desde o venres 31 de marzo pero enfocará a actividade principal da Semana Santa nos días que transcorren entre o xoves 6 e o domingo 9 de abril, cun horario de 10:00 a 15:00h. no que as principais opcións serán almorzos, brunch e vermuteo con novos produtos e a calidade de sempre. O teléfono de reservas é o 646003343.