Luis Iglesia e Camila Bossa interpretarán a obra “Testosterona” en Ribadeo o domingo 19 de abril

Os coñecidos actores Camila Bossa e Luis Iglesia interpretarán a obra teatral titulada Testosterona en Ribadeo o día 19 de abril, domingo. Será ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.

Esta representación de Malasombra Producións, escrita por Sabina Berman e dirixida por Xoque Carbajal, trata de “dous candidatos, un posto de poder e unha pregunta incómoda: que pesa máis, o talento … ou o xénero? Unha obra intelixente e mordaz sobre a desigualdade laboral que che fará pensar (e sorrir)”, anuncia o Concello de Ribadeo.