A Mancomunidade de Municipios da Mariña organiza novos cursos formativos para a hostalería. Serán do 26 novembro ao 11 de decembro en Barreiros.

Do 26 de novembro ao 11 de decembro terán lugar os cursos de formación para profesionais da hostalería que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense no marco do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. Serán impartidos pola Asociación de Cociñeiros da comarca e desenvolveranse no restaurante O Asador del Alba, en Barreiros. 

Como todos os anos, desde o 2016, a Mancomunidade ofrece formación específica para as empresas de restauración e hostalería, que se desenvolve grazas ao convenio firmado pola Mancomunidade e a Xunta, a través da Axencia de Turismo de Galicia. A devandita formación vai dirixida este ano ao persoal de cociña co interese de fomentar o produto local. 

Esta formación estará impartida pola Asociación de Cociñeiros da Mariña, que busca coa súa entidade dinamizar, promocionar e relanzar o produto, os valores e a cultura gastronómica desta zona.

Os cursos ofertados, un total de seis, celebraranse en sesións de 3 horas os luns e os martes de cada semana desde o 26 de novembro ao 11 de decembro e en horario de 17.00 a 20.00 horas, para favorecer a asistencia do perfil ao que vai dirixido, que son as persoas que traballan nas cociñas da empresas mariñás.

Todos os cursos terán lugar no Restaurante O Asador del Alba, en Barreiros, e a capacidade dos mesmos será dun máximo de 20 persoas, polo que é preciso a inscrición previa, que se pode realizar na seguinte dirección de correo electrónico: turismo@amariñalucense.gal

A continuación, amosamos o listado de cursos:
Curso: AS MASAS NAS MESAS. UN PAN PARA CADA PRATO.
Duración: 3 horas 
Capacidade: 20 pax 
Data: 26 de novembro
Horario: de 17.00h a 20.00h
Imparte: Waldo Jose González Redondo - Panadería Rubal (Mondoñedo)
Lugar de celebración: Restaurante O Asador del Alba. Calle Cruz do Lobo, 4 (San Cosme) Barreiros. + info aquí

Curso: COCIÑA DE TRADICIÓN CON TÉCNICAS ACTUAIS.
Duración: 3 horas 
Capacidade: 20 pax 
Data: 27 de novembro 
Horario: de 17.00h a 20.00h
Imparte: David Rodriguez Moledo - Restaurante A Mirandilla de Rinlo (Ribadeo).
Lugar de celebración: Restaurante O Asador del Alba. Calle Cruz do Lobo, 4 (San Cosme) Barreiros. + info aquí

Curso: TÉCNICAS DE COCIÑADO AO BALEIRO E CONSERVACIÓN.
Duración: 3 horas 
Capacidade: 20 pax 
Data: 3 de decembro
Horario: de 17.00h a 20.00h
Imparte: Jesus Villarino Gavin - Restaurante O Asador del Alba (Barreiros).
Lugar de celebración: Restaurante O Asador del Alba. Calle Cruz do Lobo, 4 (San Cosme) Barreiros. + info aquí

Curso: FONDOS, CALDOS E SALSAS.
Duración: 3 horas 
Capacidade: 20 pax 
Data: 4 de decembro
Horario: de 17.00h a 20.00h
Imparte: Bruno Pena Arnaú – A Horta Da Paula (Mondoñedo).
Lugar de celebración: Restaurante O Asador del Alba. Calle Cruz do Lobo, 4 (San Cosme) Barreiros. + info aquí

Curso: ALGAS E PLANTAS MARIÑAS.
Duración: 3 horas 
Capacidade: 20 pax 
Data: 10 de decembro
Horario: de 17.00h a 20.00h
Imparte: Alejandro Arca Uria – Arume Gastrobar (Viveiro)
Lugar de celebración: Restaurante O Asador del Alba. Calle Cruz do Lobo, 4 (San Cosme) Barreiros. + info aquí

Curso: PEIXES E MARISCOS.
Duración: 3 horas 
Capacidade: 20 pax 
Data: 11 de decembro
Horario: de 17.00h a 20.00h
Imparte: Michel Cociña – Casa Miranda (Burela).
Lugar de celebración: Restaurante O Asador del Alba. Calle Cruz do Lobo, 4 (San Cosme) Barreiros. + info aquí

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, dixo que “un dos obxectivos que ten a Mancomunidade é favorecer en todos os aspectos o turismo, e sobre todo a calidade que se vai ofrecer aos turistas que se acheguen á Mariña. Pretendemos tamén crear un turismo fluído durante todo o ano, que sexa non soamente no verán senón que veña desde xaneiro a decembro, e que haxa fluidez, interese e moito que ofrecer na comarca da Mariña”.

Llano subliñou que “unha das iniciativas que tivo a Mancomunidade, xa fai anos, foi promover, patrocinar e favorecer que se mellorara moito a atención ao público en restauración e en hoteis. Hai dous anos déronse cursos para mellorar as cartas que se presentan nos restaurantes en varios idiomas, e que os camareiros puideran tamén aclarar as dúbidas que tiveran os clientes. Ese curso tivo moito éxito e houbo moita participación, estábamos a Mancomunidade, Educación e o IES de Foz”. 

E engadiu que “este ano queremos seguir con este tipo de formación para que os nosos restaurantes sexan mellores cada día, e poidan ofrecer cousas que sexan singulares, estean moi preparadas e sexan moi valoradas pola xente que veña aquí a visitarnos. Polo tanto imos comezar a facer uns cursos formativos que este ano van dedicados practicamente á cociña única e exclusivamente. Os responsables formativos van ser a Asociación de Cociñeiros da comarca da Mariña. Queremos que sexa un éxito, que chegue ao máximo de persoas, imos tratar de levalo para adiante da mellor maneira posible e que teña o máximo de participación. Xa digo que esta é unha das condicións que queremos poñer en valor, que queremos ter aí para que dalgunha maneira a Mancomunidade siga apoiando a todos os sectores, e neste caso ao sector da restauración”.