A matrona María González ofrecerá unha charla sobre a puberdade este martes, 14 de abril, en Viveiro

Este martes, día 14 de abril, ás 19:00 horas o salón de plenos do Concello de Viveiro acollerá unha nova sesión do programa formativo dirixido ás familias. Nesta ocasión, a charla titulada Acompañando á puberdade. Cambios e desafíos será impartida por María González, matrona, quen “abordará esta etapa clave dende unha perspectiva práctica e próxima”, anuncia o Concello de Viveiro, que engade: “un espazo para informarse, reflexionar e adquirir ferramentas útiles arredor dunha etapa fundamental do desenvolvemento persoal”.

A entrada para asistir á charla é libre e gratuíta ata completar aforo.