Na Casa da Cultura de O Vicedo proxectarase a película As Bestas o 14 de outubro

O Concello de O Vicedo organiza para o sábado 14 de outubro ás 19:30 horas a proxección da película As Bestas.

“Teremos a oportunidade de ver no salón de actos da Casa da Cultura, en pantalla xigante e son profesional, a película que arrasou nos últimos premios Goya: As Bestas. Podedes mercar as entradas online ou no mesmo día na propia Casa da Cultura”, anuncia o Concello de O Vicedo.

O prezo da entrada é de 3 euros.