No Vicedo o Teatro das Cortes acolle unha xornada de memoria histórica este domingo, 29 de outubro

A asociación cultural Vota e Dálle organiza unha xornada de memoria histórica este domingo, 29 de outubro, no Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo).

As actividades comezarán ás 16:30 horas cunha conferencia titulada “Sobre guerrilleiras silenciadas na Mariña”, a cargo da escritora e investigadora Aurora Marco. Ás 18:30 o grupo de teatro Os Quinquilláns representará a obra “A señora de Forcadela” e ás 20:00 horas actuarán o grupo musical A Quenlla.