Nordés Faladora organiza unha viaxe a Lugo o 22 de abril para visitar o Museo Provincial e a Catedral, ademais do Castro de Viladonga e Fonmiñá.

A asociación Nordés Faladora organiza unha viaxe a Lugo o 22 de abril para visitar o Museo Provincial e a Catedral ademais do Castro de Viladonga e Fonmiñá. 

A xornada comezará coa visita guiada que os participantes realizarán a partires das 11:00 horas ao Museo Provincial e posteriormente á Catedral de Santa María, onde se poden atopar os estilos románico, gótico, barroco, renacentista e neoclásico.

Durante a tarde, a partires das 16:00 horas, desprazaranse ao Castro de Viladonga que foi habitado entre os séculos II e V d.c., á Lagoa de Fonmiñá e ao Pedregal de Irimia, nacementos do río Miño.

A última parada do percorrido no Mosteiro de Santa María de Meira, farase se dá tempo xa que o horario estimado de volta cara O Vicedo e O Barqueiro é ás 20:00 horas.

A inscrición é por orde temporal e os/as interesad@s poden facela a través de asociación.nordes@gmail.com ou no número de teléfono 653 756 454 (Ricardo). O custe é de 20 euros para os socios e 25€ para os non socios, e inclúe o desprazamento e o xantar en Lugo.

A saída, o sábado 22 de abril, será ás 9:00 horas do café-bar Teleclub en O Barqueiro, e ás 9:15 horas da Casa da Cultura de O Vicedo.