Nove locais participan en marzo e abril nos "Tardeos" que organiza AciaFozCCA para disfrutar das tardes dun xeito relaxado.

En marcha está a campaña Tardeos, de AciaFozCCA, na que participan nove locais hostaleiros: Bar 78, Anduriña, Espacio Machete, Marexada, Namarinos, Pelolo, Portochico, Xoyma e Yoglio-Colón 5.

José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA, explica que “é unha campaña pensada para animar a disfrutar das tardes dun xeito relaxado, de cócteles, de viños, de cañas, de merendas… trátase de aproveitar as tardes para tomar algo antes de retornar ás casas ás dez da noite. Antes saiamos tomar unha copa, un cóctel, despois de cear. De momento iso aínda non é posible, pero non temos por qué deixar de facelo polas tardes na fin de semana ou agora durante a Semana Santa, por exemplo”.