O 1 de marzo terá lugar en Riotorto o Entroido Infantil, que organiza o Concello. Haberá chocolate con churros para todos.

O Entroido Infantil de Riotorto celebrarase de 17 a 20 horas no pavillón municipal. Haberá inchables, talleres, e chocolate con churros para todos. A cita está organizada polo Concello. 

Antes o 25 de febreiro, venres, ás 12 da mañá, se o tempo o permite, haberá un desfile de disfraces por Riotorto e un xuízo final ao Meco na Praza das Rodrigas. Organizan esta actividade o Ceip de Riotorto, Casa Niño A Croa e Concello de Riotorto.