O 13 de agosto celebrarase en Foz a XIV Carreira Popular Run Foz Run.

A XIV edición da carreira popular Run Foz Run celebrarase o 13 de agosto en horario de mañá. Brinda a posibilidade de que toda a familia participe xa que conta con diversas categorías: carreira de Pícaros (200m), Benxamíns (800m), Alevíns (1000m), Infantís e Cadetes (1600m) e competición Absoluta (7000m). Tanto a saída como a meta será na Avenida da Ribeira, fronte ao Cenima/Casa de Mar de Foz.

A inscrición pode realizarse ata o 11 de agosto na páxina web www.sportmaniacs.com e os organizadores contan que os apuntados superan xa os 500.  Así, prevén que sexa un evento moi concorrido debido a que se trata dunha das probas puntuables do circuíto de carreiras populares DUACODE-RUNFOZRUN.

Ademais, haberá unha andaina solidaria, sorteos, música e DJ e hasta un DanceFest. Os colaboradores e patrocinadores do evento ascenden a máis de 30 entre establecementos e institucións.