O 13 de agosto terán lugar en Ribadeo unha charla e unha observación astronómica. Para asistir é necesario inscribirse.

O 13 de agosto terán lugar en Ribadeo unha charla e unha observación astronómica. Para poder asistir é necesario inscribirse na Área de Medio Ambiente do Concello. 

Desde a Concellaría de Medio Ambiente explican que “como en anos anteriores, temos prevista unha actividade de astronomía o 13 de agosto. Consistirá nunha conferencia ás 21:30 no Teatro e posteriormente unha observación astronómica na Praza de España. Debido á situación sanitaria actual é importante que as persoas que desexen acudir se inscriban na Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo (sostibilidade@ribadeo.org – 982 120 701)”.

Esta actividade, coa que colabora o Concello de Ribadeo, está organizada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, que pertence á Universidade de Santiago de Compostela, e a Axencia de Turismo de Galicia coa que este verán leva a cabo o programa Camiños de Estrelas-Xacobeo 21/22.