O 14 de agosto terá lugar a décimo segunda edición da Marcha Nocturna, que organiza Sendeiros de Foz.

O próximo 14 de agosto celebrarase a duodécima edición da Marcha Nocturna, que organiza a asociación Sendeiros de Foz. Como sempre, será pola ruta das praias de Foz e dará comezo ás 22 horas diante do Concello. Os organizadores lembran a importancia de levar farol ou lanterna.

Para participar é obrigatorio anotarse antes do 12 de agosto nos teléfonos 606718482 ou 670369017 e no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo a pagar será de 5 euros para os non federados, que incluirá seguro de accidentes. Ademais haberá chocolate e biscoito.

O evento conta coa colaboración do Concello. Pasando por diferentes puntos da vila, a marcha rematará na praia da Rapadoira.