O 14 de maio chega á Casa da Cultura de Burela Cantajuego con "Viva mi planeta". Ofrecerán unha dobre sesión.

Tras máis de 15 anos en escena CantaJuego chegará o próximo sábado, 14 de maio, á Casa da Cultura de Burela na súa xira 2022/2023 para presentar en dobre sesión ás 16:30 e ás 19:00 horas o novo espectáculo infantil "Viva mi planeta", unha divertida e entretida historia onde foron preseleccionados para outorgarlles un premio por ser a aldea ecolóxica máis  proactiva e creativa.

Para conseguilo deberán demostrar as súas capacidades e seguir realizando as tarefas para protexer o planeta. Nesta hilarante historia que nos fala do coidado do planeta a través do humor e do entretemento os CantaJuegos estarán acompañados polos seus inseparables amigos Coco, Pepe e Buby e moitos outros cos que e xunto a vós cantarán e bailarán as súas cancións e éxitos de sempre.

Cantajuego é un proxecto pedagóxico musical en formato audiovisual orientado aos nenos e nenas. A música e o movemento poñen en funcionamento a imaxinación e a fantasía. Estas vivencias desenvolven a psicomotricidade, potencian o mundo afectivo e as relacións sociais.

Cantar e xogar de maneira divertida e  visualmente impactante educa o oído desenvolve o sentido rítmico, a voz, o movemento, o xesto e a expresión corporal aumentando a autoestima e o benestar persoal.

Os shows en directo reúnen o mellor do repertorio de CantaJuego cunha posta en escena inédita para espectáculos infantís: coreografías, músicos en directo, vestiario, pantallas LED, atrezos xigantes e decenas de personaxes nunha proposta que enche cada concerto e evoluciona cada ano.

Entradas xa á venda en https://ticketrona.com/entradas/cantajuego-en-burela