O 16 de febreiro haberá xogos, obradoiros e baile para nenos e nenas a partir de 4 anos no pavillón de Deportes da rúa Alfredo Deaño, en Ribadeo.

Remata o Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que foi organizado polo Concello de Ribadeo e impartido pola Escola de Tempo Libre Bulideira.

Desde a Concellaría de Mocidade sinalan: “e qué mellor xeito de finalizar a súa formación e empezar a celebrar o Entroido que facendo  unha sesión  de xogos , obradoiros  e baile para os nenos e nenas a partir de 4 anos”. Será o vindeiro domingo, 16 de febreiro, de 16:30 a 18:30 horas no pavillón de deportes da rúa Alfredo Deaño. 

Desde Mocidade animan a acudir a esta cita: “ven a pasar a tarde do 16 de febreiro con nós. Podedes pór os vosos disfraces”. 

A actividade é gratuíta.

O Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre desenvolveuse desde o pasado mes de novembro en Ribadeo e no mesmo participaron 21 persoas.