O 17 de febreiro haberá teatro en inglés para os máis pequenos na Librería Bahía, de Foz. A actividade está organizada por Kids&Us.

Kids&Us, escola de inglés con metodoloxía innovadora e diferencial de aprendizaxe, presenta a Storytime Under the sea o próximo sábado,  17 de febreiro, ás 12:00 horas na Librería Bahía de Foz. As storytime son representacións teatrais 100% en inglés; a través de distintos personaxes, cancións e  material creado por Kids&Us, os nenos e nenas son transportados a un mundo cheo de fantasía no que vivirán aventuras en inglés. 

Kids&Us invita a todas as familias con nenos e nenas entre 1 e 8 anos a desfrutar deste teatro en inglés na Librería Bahía. A entrada será gratuíta e haberá moitas sorpresas para os pequenos: agasallos, sorteos, etc.

Kids&Us é moito máis que unha academia de idiomas, é un universo no que o aprendizaxe do inglés faise realidade. A metodoloxía permite que nenos e nenas a partir de un ano comecen a aprender inglés de forma efectiva e acompáñaos durante a infancia e a adolescencia ata lograr un bo dominio do idioma. O centro abriu o pasado setembro en Ribadeo e xa conta con 150 alumnos.