O 19 de agosto terá lugar unha observación astronómica en Ribadeo. Será ás dez da noite na praza de España.

Este domingo, 19 de agosto, terá lugar unha observación astronómica en Ribadeo.Será ás 22 horas. 

A actividade terá lugar na praza de España e está aberta a todo o público. Inicialmente estaba programada para onte, xoves, pero non se puido realizar debido ao estado do ceo.

Enmarcada na campaña Todo Cosmos - A astronomía ao alcance de tod@s estas observacións astronómicas lévanse a cabo coa colaboración do Ministerio de Ciencia, a través da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, e a Universidade de Santiago.