O 20 de maio haberá en San Miguel de Reinante unha charla sobre a turbeira de Arealonga. Será pronunciada por Aurora Grandal.

Os segredos da turbeira da Arealonga é o título da charla programada para este sábado, 20 de maio, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante en Barreiros, ás 18:00 horas.

Esta charla corre a cargo de Aurora Grandal quen falará sobre a turbeira da praia de Arealonga así como dos restos óseos de fauna que foron aparecendo neste lugar nos últimos anos.

Aurora Grandal é profesora de Paleontoloxía do Instituto Isidro Parga Pondal da Universidade de A Coruña.