O 21 de setembro terá lugar en Xove a proxección de "Pérez, o ratiño dos teus soños". Será ao aire libre na praza do centro cívico.

A proxección vaise desenvolver mañá, venres 21 de setembro, a partires das 21:30 horas na Praza do Centro Cívico. Se  non valese para realizar a proxección na Praza, por calquera razón climatolóxica, a mesma pasaríase ao interior do Pavillón, polo cal, podemos dicir, que a proxección está garantida.

Está organizada pola Rede de Dinamización Lingüística, dentro do Programa  Redecinema da Xunta de Galicia. Nesta actividade colabora a Concellería de Cultura do Concello de Xove.

A entrada a esta proxección é de carácter totalmente libre e gratuíta. Dende o Concello invitamos a tódolos nenos e nenas de Xove e de A Mariña a que asistan a esta proxección, actividade coa que o noso Concello pon punto final a unha intensa programación estival.

Pérez, o ratiño dos teus soños é unha coproducción galega de animación, dirixida por Juan Pablo Buscarini en 2006. Está producida por Castelao Productions, Filmax y Patagonik Film Group. Película de calidade que recibiu, entre outros moitos premios, un Goya á mellor película de animación.