O 23 de decembro terá lugar a oitava edición da Run Foz Run Nadal

O vindeiro 23 de decembro pola mañá o Club de Atlestismo Ría de Foz organiza xunto con Run Foz Run, a última proba do circuito DUACODE-RunFozRun, a oitava edición da Run Foz Run Nadal.

Ademais, ese mesmo día tamén se entregarán os premios dos gañadores e gañadoras do circuíto, así coma o agasallo aos que conseguiron rematar 6 das 8 carreiras.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse na carreira a través da paxina web www.sportmaniacs.com , onde tamén atoparán o regulamento con toda a información sobre o evento.

A organización anima a participar nesta cita deportiva en Foz.