O 24 de decembro terá lugar no Valadouro unha Papanoelada moteira. Organiza o Concello coa colaboración do Motoclub valadourense

O vindeiro 24 de decembro Papá Noel estará no Valadouro, onde se realizará unha recepción para todos os nenos e nenas que se queiran achegar.

En colaboración co Motoclub Val D’Ouro convídase a participar na Papanoelada moteira vestidos coa indumentaria vermella para percorrer as rúas do val ata a recepción a Papá Noel.