O 25 de abril terá lugar en Viveiro unha conferencia do historiador Xosé María Leal sobre as baterías costeiras.

O historiador Xosé María Leal Bóveda impartirá a conferencia O sistema defensivo litoral no Cantábrico galego. Séculos XVII-XVIII. O caso de Viveiro- Celeiro na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro.

O acto, que comezará ás 20:00 horas do vindeiro xoves, 25 de abril, conta coa colaboración do Concello de Viveiro e ten como finalidade dar a coñecer as baterías costeiras de San Xoán e de Celeiro. Estes bens culturais, malia a súa importancia, son unhas grandes  descoñecidas do patrimonio de Viveiro e non contan na actualidade con ningún tipo de protección.

A actividade está organizada polo colectivo Pensamento e Sementeira e a asociación Mariña Patrimonio.