O 26 de abril desenvolverase en Ribadeo un obradoiro gratuíto de Muller e Saúde. Está organizado pola Área de Igualdade do Concello.

A Area de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza un obradoiro gratuíto de Muller e Saúde en colaboración coa Escola Galega de Saúde. Será o 26 de abril. 

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explica que “este obradoiro está dirixido especialmente ás mulleres para abordar o seu benestar específico ofrecendo información que permita mellorar e manter a súa saúde. O obradoiro terá lugar na Casa do Viejo Pancho o 26 de abril en horario de 16.30 a 20.30 horas”.

A edil ribadense indica que “os obxectivos do obradoiro pasan por mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino. Durante a xornada falarase de menopausia e osteoporose, prevención xinecolóxica, factores de risco, fisiopatoloxía, alimentación e exercicio”.

Freire Rancaño engade que “a formación estará ao cargo de Cristina Ouro Nuñez, matrona do Complexo Hospitalario de Lugo, que entre outras cousas,  incidirá na importancia de realizar os controis periódicos de saúde que se recomendan segundo a súa idade, algo que resulta fundamental para a detección precoz de enfermidades (revisións xinecolóxicas, cribado de cancro de mama, etc.)”.

O prazo de inscrición está aberto ata o 17 de abril e a s mulleres interesadas poderán anotarse enviando un correo ao CIM (á dirección electrónica: cim@ribadeo.org), chamando ao telefono 982120739 ou na web da Escola Galega de Saúde.