Espazo

Etiquetas:
13/06/2019

Segundo explican desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM “Abrindo cancelas é unha campaña de sensibilización en igualdade  entre mulleres e homes mediante a promoción da lectura. A igualdade precisa que a cidadanía adquira ferramentas e tome conciencia para que cesen e diminúan as discriminacións existentes nos diferentes ámbitos (público e de participación social, laboral, no fogar e nos coidados, no deporte…). Por outra parte, a igualdade configurase tamén como a mellor forma de combater e erradicar ás violencias machistas”.

E engaden que “con esta campaña de Abrindo cancelas ven de crearse  un espazo feminista dentro da Biblioteca Municipal. Consiste na creación dese espazo e na difusión do mesmo. Habilitouse un espazo  na sala principal  no que se integraron todos os libros que xa hai sobre igualdade e violencias de xénero e ...

leer más
Etiquetas:
18/06/2018

O Espazo Caritel, situado na parroquia de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, anuncia a súa apertura co novo horario de verán. 

O Espazo Caritel estará aberto de 11:30 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas. O horario dos festivos é de 11:30 a 14:00 horas, e os luns permanecerá pechado.

O proxecto segue apostando polas interferencias que se establecen entre a Arte Contemporánea e a Botánica, tratando de incidir no desenvolvemento sostible da contorna.

Tanto a sala de exposicións como o xardín incorporan novos elementos e novidades que enriquecen o percorrido.

A visita segue a ser guiada e pretende achegar, a todo tipo de público, estes dous aspectos tan necesarios para o ser humano: Arte e Natureza.

As tarifas son 3 euros para adultos, e...

leer más