O Espazo Caritel, en San Martiño de Mondoñedo (Foz), estrea horario de verán. O prezo da entrada é de 3 euros para adultos e 2 para grupos concertados.

O Espazo Caritel, situado na parroquia de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, anuncia a súa apertura co novo horario de verán. 

O Espazo Caritel estará aberto de 11:30 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas. O horario dos festivos é de 11:30 a 14:00 horas, e os luns permanecerá pechado.

O proxecto segue apostando polas interferencias que se establecen entre a Arte Contemporánea e a Botánica, tratando de incidir no desenvolvemento sostible da contorna.

Tanto a sala de exposicións como o xardín incorporan novos elementos e novidades que enriquecen o percorrido.

A visita segue a ser guiada e pretende achegar, a todo tipo de público, estes dous aspectos tan necesarios para o ser humano: Arte e Natureza.

As tarifas son 3 euros para adultos, e 2 euros para grupos concertados e oferta educativa cun mínimo de 10 persoas.

O Espazo Caritel é unha iniciativa do artista plástico Caxigueiro, e conta cun edificio que alberga exposicións temporais e un xardín no que destaca a colección de camelias formada por un cento de variedades e abundante flora autóctona  que contrasta con especies pouco frecuentes en Galicia.