O 27 de maio nova sesión de "Familias que Contan" na Librería Bahía de Foz. O protagonista será "O monstruo de cores" de Evan Fernández.

Este sábado, 27 de maio, na Librería Bahía de Foz haberá unha nova sesión de “Familias que Contan”.

Segundo explican desde este establecemento “nesta ocasión será unha nai, Eva Fernández a que traia a historia de O monstruo de cores. Un conto para porlle cor ás nosas emocións e así entendelas mellor”. 

A cita será ás 12 da mañá.