O 4 de novembro terá lugar o II Trail das Bestas de Muras, no que hai inscritos 250 participantes. Terán que realizar catro percorridos.

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o Tenente de Alcalde, Mario Rouco, presentou este mércores no Concello de Muraso II Trail das Bestas, que terá lugar o vindeiro 4 de novembro.O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita deportiva cunha achega de 5.000 euros para a organización desta proba, promovendo así o deporte lucense e dando a coñecer diferentes zonas da Provincia.

Rivera Capón remarcou que “esta proba é unha oportunidade excepcional para dar a coñecer lugares únicos como a Serra do Xistral. O percorrido será circular con saída e meta na área recreativa A Veiga, e discorrerá por zonas de especial interese medioambiental preto da Serra e o Río Eume.Trátase dun entorno natural único que se pon en valor a través de probas que gozan de grande interese para os deportistas, o que axuda a promover a riqueza medioambiental e patrimonial da que dispomos. De feito, xa son 250 os participantes inscritos de toda Galicia”.

Percorrido e inscricións
O II Trail das Bestas de Muras arranca o vindeiro 5 de novembro.Hai 4 probas deportivas, o maratón de 43 km, con saída as 08:30 horas, e o dúas modalidades de Trail, unha de 26 quilómetros e outra de 14 quilómetros, e unha andaina doutros 14 km. Todas elas con saída ás 09:30 horas, dende a Área Recreativa da Veiga, o percorrido será circular con saída e meta nesta mesma Área.O circuíto estará marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces. As categorías serán as seguintes para ámbalas carreiras; senior masculino ou feminino dende os 18 ata os 45 anos, e veterán ou veterana a partir dos 46 anos. A idade a ter en conta é a idade que terá o corredor a final do ano.
As inscriciónsrealízanse na páxina https://tracktherace.com/. A inscrición inclúe; seguro asistencia sanitaria e R.C., avituallamentos, (sólidos e líquidos), camisola oficial da proba, comida final, reportaxe fotográfico en aberto, seguementogpsTrackTheRace e duchas.